A Xunta financiará o 80 % dos gastos das obras da antiga Casa Cuartel de Guntín

LugoXa
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, trasladoulle a Ángel Pérez a vontade do Goberno galego de traballar de maneira conxunta no desenvolvemento de iniciativas
Reunión-alcalde-Guntín-Javier-Arias-Xunta
10 Feb 2025

O alcalde de Guntín, Ángel Pérez, reuniuse co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para analizar as principais demandas e necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles vías de colaboración.

Arias trasladoulle ao rexedor a vontade do Goberno galego de traballar de maneira conxunta no desenvolvemento de iniciativas que garantan o benestar de todos os veciños e veciñas do municipio.

Na xuntanza, entre outras cuestións, lembrouse que Guntín foi unha das entidades locais beneficiarias dunha nova orde de axudas plurianual convocada pola Consellería de Presidencia que está dirixida a entidades locais coo fin de financiar actuacións de eficiencia enerxética en infraestruturas municipais, cubrindo, neste caso, o 80% dos gastos das obras que van executar na antiga Casa Cuartel.

0.17203116416931