A Xunta inicia a tramitación ambiental do proxecto para 1.200 vivendas no Sagrado Corazón de Lugo

LugoXa
O plan, que abrangue máis de 12 hectáreas, prevé que o 80 % dos pisos sexan protexidos e forma parte da Estratexia Galega de Solo Residencial
Sagrado-Corazón-vivenda-Xunta
11 Aug 2025

A Xunta de Galicia deu o primeiro paso para a tramitación ambiental do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do sector 5.R do barrio Sagrado Corazón.

O Goberno galego remitiu á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o borrador do proxecto e o documento ambiental estratéxico, co obxectivo de iniciar o procedemento ambiental estratéxico simplificado que permitirá continuar coa tramitación administrativa.

O plan abrangue unha superficie de máis de 12 hectáreas e contempla a construción de arredor de 1.200 vivendas, das que o 80% serán de carácter protexido.

Esta actuación enmárcase na Estratexia Galega de Solo Residencial, un programa impulsado pola Xunta para urbanizar terreo destinado á construción de 25.000 vivendas, das que 20.000 contarán con protección oficial. Trátase, ademais, do primeiro proxecto deste plan que inicia o seu proceso de avaliación ambiental.

⚙ Configurar cookies
0.17786002159119