A Xunta investirá máis de 47.000 euros na mellora da escola infantil municipal de Palas de Rei

A Xunta de Galicia destinará un total de 47.486 euros á mellora da escola infantil municipal de Palas de Rei, segundo aprobou o Goberno galego no Consello da Xunta.
As obras contemplan traballos de reforma, ampliación, renovación de cubertas e fachadas e actualización do equipamento en función das necesidades do centro. Será o Concello de Palas de Rei o encargado de contratar e executar os traballos, que deberán estar finalizados en decembro de 2026.
Os fondos procederán do Fondo de Cohesión e Transformación Social e xestionaranse a través do correspondente convenio entre o Concello e a Consellería de Política Social.