A Xunta licita a primeira promoción de Vipugal para 145 novos fogares en Garabolos
A Xunta licita a primeira promoción da Sociedade Pública de Vivenda de Galicia (Vipugal) para 145 novos fogares en Garabolos, no concello de Lugo, cuxo investimento para a redacción de proxecto e dirección de obra ascende a máis de 1 millón de euros de fondos propios da Xunta da Xunta de Galicia.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, puxo o acento no traballo “a pleno rendemento” de Vipugal, que botou a andar hai un mes, e que permite poñer hoxe en marcha o contrato para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción destas 145 novas vivendas de promoción pública. O prazo para presentar ofertas será ata o próximo 10 de marzo.
Allegue quixo destacar que, como mínimo, o 25% resultantes destas 145 vivendas, se destinarán a menores de 36 anos e en réxime de compra “porque queremos que os nosos mozos poidan adquirir en condicións e a un prezo máis accesible”.
Allegue fixo fincapé no compromiso traballo departamento que dirixe, neste caso en Garabolos, onde a principios de mes anunciou a licitación das obras de construción de dous bloques de promoción pública de 70 e 76 vivendas, por máis de 28 millones de euros (74,3% fondos da Xunta, e 25,7% fondos europeos). Subliñou o compromiso da Xunta coa veciñanza de Lugo, sendo este o terceiro proxecto que se impulsa neste barrio da cidade.
Incidiu nun dos retos máis importantes que ten por diante a Xunta de garantir á cidadanía o acceso á vivenda, e o obxectivo de construír 4.000 vivendas nesta lexislatura. Por iso, tal e como incidiu a conselleira dende Vipugal, vanse a promover 2.350 vivendas públicas ata o 2028, para conxuntamente coas impulsadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) chegar a esa cifra.