A Xunta licitará no mes de xaneiro as obras de construción do novo centro de saúde de Antas de Ulla
A Xunta licitará no mes de xaneiro as obras de construción do novo centro de saúde de Antas de Ulla cun investimento de máis de 1.750.000 euros.
Co fin de optimizar o impulso destes dous equipamentos sanitarios, o Servizo Galego de Saúde licitará as obras deste equipamento, logo de que a Axencia Galega de Infraestruturas se encargase da redacción do proxecto.
No centro de saúde de Antas de Ulla a súa superficie pasará dos 295 metros cadrados do actual aos 850 metros cadrados previstos no novo edificio.
Grazas á ampliación, Antas de Ulla contará cun centro de saúde renovado en canto á distribución e instalacións e gañará espazo para unha consulta.
Actualmente dispón de dúas consultas de medicina, dúas de enfermaría, unha sala polivalente, unha de toma de mostras e unha sala de xuntas e de persoal.
A previsión é formalizar o contrato de obra no verán e o prazo de execución é de 18 meses.