A Xunta oferta na cidade máis de 1.3 prazas gratuítas en escolas infantís

LugoXa
O programa de gratuidade de todas as escolas infantís que está a impulsar o Goberno galego permiten poñer a disposición das familias da cidade de Lugo máis de 1.
21 Dec 2023

O programa de gratuidade de todas as escolas infantís que está a impulsar o Goberno galego permiten poñer a disposición das familias da cidade de Lugo máis de 1.300 prazas totalmente gratuítas para nenos de 0 a 3 anos. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou onte o centro público autonómico de Paradai, na cidade amurallada, no que este ano o Goberno galego investiu 170.000 euros para obras de mellora. En concreto, estas obras permitiron renovar o parque exterior de xogos.

O director xeral destacou que Galicia continúa a ser a única Comunidade Autónoma que aplica esta gratuidade das escolas infantís durante oito horas ao día e once meses ao ano. Lembrou que o Executivo autonómico iniciou en solitario a implantación da gratuidade nas escolas infantís, unha medida pioneira que situou á nosa comunidade como líder nacional na escolarización de 0 a 3 anos en toda España.

A Xunta destinará o vindeiro ano 60 millóns de euros de fondos propios a financiar a gratuidade das escolas infantís que beneficiará a arredor de 31.000 familias, con independencia de que leven os seus fillos a un centro da Xunta, municipal, de iniciativa social ou privado. Cada fogar aforra máis de 2.000 euros ao ano gracias a esta medida.

0.17738103866577