A Xunta propón destinar os fondos europeos para consolidar o polo aeroespacial

TerraChaXa | LugoXa
A XUNTA AVALÍA CO GOBERNO A OPORTUNIDADE DOS FONDOS EUROPEOS PARA CONSOLIDAR O POLO AEROESPACIAL DE GALICIA
dron polo aeroespacial rozas
27 Xuño 2022

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro por videoconferencia coa secretaria xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación, Teresa Riesgo, a quen lle solicitou o apoio do Goberno para que o Polo Aeroespacial de Galicia poida formar parte do Perte vinculado a este sector.

Conde amosou o seu convencemento en que o Ministerio de Ciencia e Innovación siga a ser un actor clave na consolidación deste polo industrial, que ten en execución actuacións por 84M€ de fondos públicos e aspira a mobilizar ata 540M€ de investimento público-privado se, finalmente, pode recibir fondos europeos.

Proximamente resolverase a licitación para seleccionar os novos socios estratéxicos da Xunta de Galicia nesta iniciativa, entre os que figuran as grandes empresas do sector con proxectos de compra pública precomercial que encaixan nos obxectivos deste perte. Nese sentido, na xuntanza, Conde ofreceu á secretaria xeral de Innovación que o Ministerio de Ciencia e Innovación cofinancie algún dos programas de I+D que se van desenvolver ao abeiro desta licitación a través dos fondos europeos Next Generation.

Xunto con isto, tamén no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, o vicepresidente económico puxo de manifesto  o interese da Xunta por seguir colaborando co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) en novos proxectos tecnolóxicos como o contorno de simulación (U-Space) que se está a deseñar no Polo de Rozas, en Castro de Rei (Lugo), xunto con Indra e Boeing, enfocándoos, por exemplo, cara á demostración de servizos.

0.088403940200806