A Xunta reactiva os Bonos Activa Comercio para incentivar as vendas no comercio local de Lugo

LugoXa
O delegado territorial, Javier Arias, fixo un balance da campaña, que arrancou o pasado mes de novembro con 1,3 millóns de euros mobilizados na provincia
Visita-bono-comercio-Lugo
11 Dec 2024

A Xunta reactiva os Bonos Activa Comercio para incentivar as vendas no comercio local da provincia de Lugo, que poden descargarse de novo despois de ampliar o crédito dispoñible en 2,5 millóns de euros.

O delegado territorial, Javier Arias, fixo un balance da campaña, que arrancou o pasado mes de novembro con 1,3 millóns de euros mobilizados na provincia, máis de medio millón na cidade de Lugo.

A falta dos datos definitivos unha vez que se sumen as vendas realizadas durante esta prórroga, Arias afirmou que a iniciativa “supón un importante impulso para o comercio de proximidade nunha época importante para o sector, moi preto do Nadal”.

A Xunta reactivou os bonos para responder á alta demanda tanto da cidadanía como do tecido comercial, despois de que o crédito da presente edición se esgotase en dous días.

⚙ Configurar cookies
0.077754974365234