A Xunta require información ao Concello sobre o edificio apuntalado na rúa do Moucho

LugoXa
A Xunta de Galicia requiriu o pasado día 20 ao Concello de Lugo un informe sobre a situación do expediente do edificio da rúa do Moucho apuntalado xunto á Muralla -no número 12-.
rua do moucho lugo
6 Oct 2023

A Xunta de Galicia requiriu o pasado día 20 ao Concello de Lugo un informe sobre a situación do expediente do edificio da rúa do Moucho apuntalado xunto á Muralla -no número 12-. O requirimento responde á denuncia presentada por Lugo Monumental ante o Servizo do Patrimonio Cultural da Delegación Territorial.

O delegado territorial, Javier Arias, mantivo unha reunión co presidente da asociación, Luis Latorre, na que explicou que a Xunta xa autorizara no ano 2015 as intervencións dunha orde de execución na que o Concello instaba aos propietarios a acometer as obras imprescindibles para garantir a seguridade e conservación da edificación.

O inmoble atópase no ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do recinto Amurallado e a súa zona de influencia (PEPRI) do Conxunto Histórico Artístico de Lugo (declarado BIC), clasificada cun nivel de protección 4, con elementos catalogados a conservar.

Arias lembrou que, en todo caso, o Concello pode executar subsidiariamente os traballos necesarios para eliminar tanto o armazón que suxeita o edificio como o valado que pecha o paseo interior.

Ao respecto, o delegado aclarou que “o impacto visual sobre a Muralla é innegable, pero o enreixado e os puntais están fixados no chan e nin se apoian nin tocan sequera o monumento, polo que non producen ningunha afección á estrutura”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19329380989075