A Xuntanza de Palillleiras e Multilbores PalillAD acolle a máis de 350 palilleiras
Máis 350 palilleiras participan este sábado na Xuntanza de Palillleiras e Multilbores PalillAD, que se celebra na Praza de Abastos de Lugo.
A xornada, organizada pola asociación lucense Agulla Máxica coa colaboración do Centro de Artesanía e Deseño e a área de Participación e Servizos a Veciñanza do Concello de Lugo, convocou na cidade palilleiras de preto de trinta asociacións de Galiza , Asturias e O Bierzo.
O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Artesanía, Efrén Castro, e a concelleira de Cultura e Turismo, Maite Ferreiro, achegáronse á xuntanza para dar a benvida ás participantes, que comezaron coa actividade ás 10.00 horas e que seguirán amosando o seu traballo ata ás 19.00 horas.
Efrén Castro e Maite Ferreiro valoraron a “dedicación das palilleiras, que manteñen viva e transmiten esta técnica tradicional que está a experimentar unha importante transformación impulsada polo mundo da moda, o deseño ou a decoración". Tamén destacaron "a oportunidade de socialización e convivencia que xeneran este tipo de eventos".
Ademais das palilleiras elaborando os seus deseños, a Praza de Abastos acolleu unha decena de postos de venda de materiais relacionados coas técnicas e os oficios textís.