A XVII Festa Artesanal chega este domingo a Ferreira de Pallares
A nova edición da Festa Artesal volve este domingo 13 de agosto. Organizada pola asociación Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares esta festa ten como obxetivo promover os traballos artesáns e por en valor o conxunto monásticos.
Artesáns realizarán demostracións en vivo no recinto da feira, que se abrirá ás 11.00 horas. Haberá unha ampla representación de oficios tradicionais e artesáns: cestería, talla de madeira, xoiería, cantería, pirogravado, ferrería, ebanistería e construción de instrumenos musicais, olería, elaboración de bonecos ou apicultura.
Ademais, haberá unha degustación gratuíta de filloas a partir das 13.00 horas. Media hora despois terá lugar a lectura do pregón, a cargo de Cheché Real, presidente dos hostaleiros de Lugo e de Galicia.
A organización tamén ten previsto realizar o habitual xantar de confraternidade, no claustro do mosteiro a partir das 14.30 horas. Contará o menú de polbo e churrasco con patacas fritidas e ensalada. Terá un prezo de 30 euros e os menores de 10 anos pagarán 15.
Para completar a programación haberá varias actuacións musicais ao longo da xornada.
A retirada de convites para participar no xantar pode facerse en Casa Fidalgo, Bar Stop, Parrillada O Xeito e Casa Maestro de Matei antes do 10 de agosto.