A XVIII Feira da Empanada e outros produtos dos Ancares contará con actuacións de música e baile tradicional

A XVIII Feira da Empanada e outros produtos dos Ancares, organizada pola Asociación de Empresarios e o Concello das Nogais, celebrarase o vindeiro domingo 25 de maio.
Os postos da feira abrirán ás 10.00 horas e ao longo do día haberá actuacións de música e baile a cargo das asociacións Airiños do Neira de Baralla e Abrente das Nogais, ademais dunha función do grupo de teatro desta última.
Como actividade previa, o sábado 24 a partir das 21.00 horas haberá unha touciñada popular seguida de verbena na praza do Concello.
O acto de presentación contou coa presenza do delegado territorial, Javier Arias, e do alcalde, Jesús Núñez. Arias destacou a importancia do evento para “enxalzar un dos pratos máis emblemáticos da gastronomía galega” ao mesmo tempo que “supón un importante impulso para a actividade social e económica do concello”.