A XXI Festa do Pemento de Mougán de Guntín, dúas xornadas coa música e gastronomía como protagonistas
Guntín celebra esta fin de semana na carballeira de Meixaboi a XXI Festa do Pemento de Mougán. Serán dúas xornadas coa gastronomía, a música e as actuacións como grandes protagonistas. O programa comeza o sábado ás 13.30 horas coa actuación da banda municipal, seguida da lectura do pregón da man de María José Gómez. A continuación haberá unha degustación de balde de pementos e tortilla.
Xa pola tarde, celebrarase o campeonato de tute e a partir das 18.00 horas ctuará o mago Samuel Moreno de Got Talent. Pola noite, haberá verbena coa orquestra Acordes dende as 23.00 horas. O domingo os asistentes desfrutarán dunha sesión vermú coa orquestra Galaxia que tamén ofrecerá unha sesión de tarde. Ademais, a partir das 14.30 horas, dará comezo unha comida campestre na Carballeira de Meixaboi.