A XXII Esbatuxada polo Miño consolida o seu éxito
LugoXa | TerraChaXa
O Concello de Rábade celebrou a XXII edición da Esbatuxada, o descenso de embarcacións de fabricación caseira polo Miño
12 Ago 2024
O Concello de Rábade celebrou a XXII edición da Esbatuxada, o descenso de embarcacións de fabricación caseira polo Miño. Anotáronse un total de 8 batuxos, entre a categoría de adultos e infantil, a maior participación dos últimos anos.
Os gañadores, que levan 650 euros repartidos en catro premios, foron Viaxe á lúa e Mollados coma pitos na categoría infantil e A Catacumba e Os amigos na categoría adultos. O Concello de Rábade agradece a alta participación nesta cita das Festas de verán de Rábade, así como ao numeroso público que se achegou para desfrutar da proba.