A XXVIII Feira de Produtos do Campo e Artesanía da Milagrosa será os días 23 e 25 de maio

A XXVIII Feira de Produtos do Campo e Artesanía da Milagrosa desenvolverase os días 23 e 25 de maio na praza da Milagrosa.
Este evento acollerá uns 40 expositores de produtores locais e de artesanía, creando neste espacio un escaparate excepcional para a posta en valor do rural lucense.
O presidente da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industrial, Jesús Vázquez, detallou o programa da feira para os tres días, nos que haberá música, degustacións, agasallos e premios aos expositores máis visitados, ademais de propostas de exaltación dos produtos autóctonos de calidade.
Ademais, terá lugar a festa do Becerro ao Espeto, que este ano alcanza a súa vixésimo cuarta edición, coa colaboración de Acruga, e anunciou a festa gastronómica da mazá asada e o pregón, que correrá a cargo da investigadora e veciña da Milagrosa Cintia Folgueira Cobos.
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, subliñou que “esta festa da mostra da consolidación dun evento que xa ten nome propio no noso calendario festivo e que contribúe ademais a reactivar este barrio tan senlleiro e a súa economía local”.
Pola súa banda, o presidente da Deputación, José Tomé, incidiu en que “a Milagrosa é un barrio de acollida, onde quen chega sempre atopa portas abertas, interese pola súa cultura e respecto pola súa herdanza, porque a integración é tamén unha semente para un futuro mellor”.