A XXXII Feira do Cabalo da Ulloa celebrarase o 2 de agosto en Vilar de Donas

LugoXa
A cita reunirá un ano máis a numerosos xinetes na pista do Hipódromo con sete categorías en competición e 3.000 euros en premios
Feira-do-Cabalo-da-Ulloa-Palas-de-Rei
27 Jul 2025

A parroquia de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei, acollerá o vindeiro 2 de agosto a XXXII edición da Feira do Cabalo da Comarca da Ulloa.

O evento, organizado pola Asociación A Capela de Vilar de Donas en colaboración co Concello de Palas de Rei, celebrarase como cada ano na pista do Hipódromo local.

Durante a xornada desenvolveranse un total de sete categorías de competición: andadura a dous tempos (serrada), andadura a catro tempos (chapedada), carreiras de velocidade de pura sangue inglés, carreiras de cruzados, carreiras de pura raza árabe, carreiras de burros e a categoría de estampa e beleza.

Trátase dun evento de referencia no calendario ecuestre da comarca, que o ano pasado reuniu preto dun centenar de xinetes e repartiu ao redor de 3.000 euros en premios.

A organización anunciou ademais que a feira contará cun servizo de restauración para dar resposta ao público asistente, que cada ano acode en gran número a esta cita consolidada no verán da Ulloa.

⚙ Configurar cookies
0.36145806312561