A XXXVI Feira do queixo do Cebreiro terá lugar o venres 29 de marzo

LugoXa
Padrafita do Cebreiro acolle o vindeiro 7 de abril a popular XXXV Feira do queixo do Cebreiro con música, postos e moito máis
XXXVI Feira do queixo cebreiro 2024
24 Mar 2024

A XXXVI Feira do queixo do Cebreiro terá lugar o vindeiro venres 29 de marzo para exaltar este queixo fresco, con Denominación de Orixe Protexida, considerado un dos máis exquisitos do país, e elaborada con leite pasteurizado, sen conservantes nin produtos medicamentosos, que o converte nun delicioso manxar.

Durante a feira, que comezará a partir das 09.30 horas, as queixerías acollidas ao Consello Regulador, poñerán á venda os seus deliciosos queixos a prezos populares.

Os asistentes poderán adquirir outros produtos elaborados de forma artesá, como mel, viño, pan, artigos de coiro, ..., gozar a partir das 11.00 horas co pasacalles da charanga Louband e ás 12.00 horas deleitarse con baile rexional da Asociación Cultural Abrente das Nogais.

Este ano o pregón, acto que terá lugar ás 13.00 horas, estará a cargo do CPI Uxío Novoneira.

0.1381459236145