Abandonáronse 102 vehículos nas rúas de Lugo ao longo do 2023

LugoXa
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do Intendente da Policía Local, Jesús Piñeiro, visitou o depósito municipal de vehículos para coñecer de primeira man a situación destas instalacións que prestan un servizo 24 horas para a recollida de vehículos retirados da vía pública, sancionados por mal estacionamento, abandono ou outras infraccións.
deposito_municipal
20 Mar 2024

Ao longo do ano 2023, efectivos da Policía Local de Lugo levantaron “102 actas de denuncia, ao detectar outros tantos vehículos abandonados nas rúas da cidade, sendo remitidas ao órgano competente para a apertura do correspondente expediente sancionador e posterior retirada da vía pública para o seu tratamento como residuo sólido”, asegura a rexedora. Destes 102 vehículos,  93 son turismos, 3 remolques, 3 furgonetas e 3 todo-terreo. Alvarellos puxo en valor o traballo da local pois “a retirada destes automóbiles que son deixados nas rúas sen uso prolongado contribúe a mellorar a seguridade viaria, previr posibles delitos, e promover unha contorna urbana máis limpa, segura e agradable para todos os cidadáns, ademais de mellorar o aspecto visual e ambiental da cidade”.

Os vehículos retirados da vía pública son levados ao depósito municipal onde se forman lotes que posteriormente se subastan. Cada mes, todas as patrullas nos seus respectivos distritos teñen encomendada a vixilancia de vehículos que presentan sinais de abandono. No momento que se detecta un automóbil sen uso prolongado, levántase acta e comunícaselle ao propietario. En caso de que este non actúe vencidos os prazos do expediente, que oscilan entre os 6 e os 10 meses, ditase decreto para a súa retirada.

0.17201900482178