Abel Palacios, do Lume Béisbol Club, aspira a formar parte da selección española Sub-12

LugoXa
O obxectivo é participar no Campionato de Europa previsto que se celebrará este verán
abel-lume-beisbol
25 Jan 2026

O béisbol lucense vén de acadar un importante recoñecemento a nivel estatal coa convocatoria de Abel Palacios, xogador de orixe cubana do Lume Béisbol Club, para o proceso de selección da categoría sub-12 da Real Federación Española de Béisbol. A elección por parte do corpo técnico nacional pon en valor o talento emerxente do deportista e o traballo que se está a desenvolver no béisbol base en Lugo.

Palacios formará parte dun grupo de 36 xogadores convocados para participar nas concentracións e probas destinadas a conformar a selección española sub-12, que prepara a súa participación no Campionato de Europa previsto para este verán. "A presenza do xogador lucense neste proceso supón un paso destacado na súa progresión deportiva e unha oportunidade para seguir medrando nun contexto de máxima esixencia", din.

Desde o Lume Béisbol Club destacan a importancia desta chamada, "que reforza a visibilidade do béisbol na provincia e confirma a boa liña de traballo desenvolvida nos últimos anos coas categorías de base. A convocatoria de Abel Palacios convértese así nun motivo de orgullo tanto para o club como para o conxunto do deporte lucense".

⚙ Configurar cookies
0.29396200180054