Aberta a convocatoria de subvencións para asociacións lucenses sen ánimo de lucro
O Concello de Lugo vén de abrir a convocatoria de subvencións para asociacións lucenses sen ánimo de lucro. Para estas axudas, que xorden da área de Desenvolvemento Local e Emprego, o Concello conta con 40.000 euros do orzamento municipal.
“As bases, xa publicadas enwww.concellodelugo.gal, teñen por obxecto a concesión de subvencións, por parte do Concello de Lugo, a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para cofinanciar parcialmente proxectos e/ou actividades, desenvolvidas durante o exercicio económico 2022, consideradas de interese para a promoción económica do municipio, no eido do fomento e da dinamización da actividade económica, empresarial, comercial, do emprego e da hostalería no municipio de Lugo” destacou a rexedora.
O prazo de presentación de solicitudes é de quince días hábiles, contados desde o 21 de maio, día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións as asociacións e entidades sen animo de lucro, que tendo a súa sede e domicilio social en Lugo, teñan recoñecidos nos seus fins estatutarios a realización de actividades de fomento da promoción económica, a través de proxectos que pretenden a mellora económica do municipio de Lugo.
Subvencionarase, ata un máximo do 90%, do custo total da acción para a que se solicita a subvención, segundo o orzamento presentado. O importe máximo de subvención, por asociación ou entidade sen ánimo de lucro, non poderá exceder da cantidade de 3.000,00 euros.
Concedida a subvención, e para proceder ao seu cobro, as entidades beneficiarias deberán presentar a través dos medios electrónicos a documentación acreditativa da realización da actividade. A data límite para xustificar a totalidade da subvención concedida será a do 30 de novembro de 2022.
O modelo de solicitude normalizado para a obtención das subvencións reguladas na presente convocatoria estará dispoñible na web municipal www.concellodelugo.gal.
As solicitudes, que deberán dirixirse ao Servizo de Desenvolvemento Local, presentaranse por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Lugo accesible a través do enlace https://www.lugo.gal, utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede, ou polo Sistema de intercambio rexistral dispoñible a través do enlace https://rec.redsara.es/registro/, indicando no campo “Solicita” o texto “Axudas Entidades do territorio. Servizo de Desenvolvemento local” e xuntando o modelo normalizado sinalado no parágrafo anterior.