Aberta a inscrición da xornada viaxeira do Xeodestino Comarca de Lugo, que será en Castroverde

LugoXa
Despois do gran éxito da apertura en Friol (135 participantes), da boa acollida da segunda experiencia en Guntín (máis de 100 participantes) e da terceira en Antas de Ulla, tivo lugar en Castroverde a presentación da cuarta xornada viaxeira Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía.
excursion guido guia friol gdr 4
19 Nov 2023

Despois do gran éxito da apertura en Friol (135 participantes), da boa acollida da segunda experiencia en Guntín (máis de 100 participantes) e da terceira en Antas de Ulla, tivo lugar en Castroverde a presentación da cuarta xornada viaxeira Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía.

Pilar Ferreiro Villar (concelleira de cultura e deporte do Concello de Castroverde), Lorena López Cedrón (xerente do GDR 4 e do Xeodestino Comarca de Lugo e Terrras da Ulloa), e Guido Álvarez Parga anunciaron os primeiros detalles dun sábado 2 de decembro no que volverán a reunirse historia, cultura, natureza, gastronomía e música tradicional.

Este proxecto engloba a 10 concellos das comarcas de Lugo e as Terras da Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) nos que nos vindeiros meses irán facéndose xornadas de presentación do que é un proxecto a longo prazo para poñer en valor as riquezas do territorio, e ao mesmo tempo promover vínculos sociais e culturais tanto de proximidade como con visitantes de máis lonxe que se animen a participar.

A inscrición para esta actividade é gratuíta, e pode facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal e do teléfono 982 238 000.

0.19791603088379