Aberta a inscrición para o curso sobre preparación de rallys impartido por Sergio Vallejo
Aberta a inscrición para o curso sobre preparación de rallys para competición, impartido por Sergio Vallejo e dirixida a veciñanza de Lugo de entre 16 e 40 anos de idade. A actividade está financiada a través dos fondos do Plan Nacional sobre Drogas e organizada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adiccións, adscrito á Concellería de Xuventude.
Esta é unha ocasión única de aprender dun gran profesional como é Sergio Vallejo, piloto de ralys, que foi campión de España en 2009 e 2014 e subcampión en 2003 e 2008, e que en 2021 terminou segundo na Copa de España de Rallys de Asfalto.
A actividade, que busca ofrecer alternativas de ocio saudable consta de tres sesións formativas que se desenvolverán no Polígono do Ceao os sábados durante os meses de abril, maio e xuño.
Os participantes coñecerán máis a fondo o mundo do motor e, ademais, catro dos participantes de cada sesión, as 12 persoas que máis destaquen polas súas habilidades, poderán participar dentro da asistencia técnica de Sergio Vallejo con todos os gastos pagados no 26 Rally do Cocido de Lalín, no 55 Rally Rías Baixas e no 34 Rally de Narón.
Todos os interesados poderán inscribirse dende hoxe en lugomasxti.com (apartado de inscricións). O total de prazas é de 36.
Curso técnico sobre preparación de un rally para competición.
1ª Sesión Formativa (Rally do Cocido de Lalín)
- Sábado, 2 de abril ,de 09.00h a 14.00h e de 15.30h a 20.00h
- Sábado. 9 de abril, de 09.00h a 14.00h e de 15.30h a 20.00h
2ª Sesión Formativa (Rally Rías Baixas)
- Sábado, 14 de maio, de 09.00h a 14.00h e de 15.30h a 20.00h
- Sábado, 21 de maio, de 09.00h a 14.00h e de 15.30h a 20.00h
3ª Sesión Formativa (Rally de Narón)
- Sábado, 28 de maio, de 09.00h a 14.00h e de 15.30h a 20.00h
- Sábado, 4 de xuño, de 09.00h a 14.00h e de 15.30h a 20.00h