Os lucenses poderán desfrutar dos obradoiros de cestaría que terán lugar do 28 de marzo ao 3 de abril

LugoXa
Abierta la inscripción para los talleres de cestería que tendrán lugar desde el día 28 de marzo hasta el 3 de abril en Lugo.
Efrén Castro coas artesás Idoia Cuesta, Carmen Fieiras e Beatriz Valín no centro de cestería
16 Mar 2022

O Centrad organiza uns obradoiros de cestería que se celebrarán do 28 de marzo ao 3 de abril no centro de cestería, a carón do Paseo do Río Rato, coincidindo cos Días Europeos da Artesanía. A inscrición poderá realizarse a partir do 17 de marzo

As actividades xirarán en torno a unha temática común: o mundo das aves. Niños, comedeiros, piteiras e cestas para os ovos serán as pezas que as persoas participantes poderán facer a través das ensinanzas das cesteiras Carmen Fieiras, Idoia Cuesta, Beatriz Valín, María Otero e María Jesús Labrador.

Esta iniciativa integra un conxunto de propostas que dan visibilidade ás artesás e artesáns lucenses, poñendo á súa vez en valor a artesanía como sector produtivo, sustentable e ligado á tradición. A iniciativa complementa as actividades relacionadas coa permacultura e a sostibilidade que organizan en Reque desde o inicio do ano, con diferentes obradoiros relacionados co aproveitamento dos recursos naturais, o consumo responsable e o respecto ao entorno.

En total, darase cabida a 72 persoas, coa idea inicial de desenvolver os obradoiros no exterior, se o tempo o permite, co obxectivo de compartir cos visitantes o espírito de celebración destes días.

O luns 28 de marzo o obradoiro será de capuchón protector de sementes, será impartido por Carmen Fieiras e haberá dúas quendas, a primeira de 10.00 a 14.00 horas e, a segunda, de 16.00 a 20.00 horas.

O martes 29 de marzo o protagonista será o niño de vimbio impartido pola mesma monitora nos mesmos horarios.

O mércores 30 de marzo o obradoiro será impartido por Idoia Cuesta e realizarase un comedeiro cónico nos horarios xa establecidos.

O xoves 31 de marzo será a quenda do niño de esparto por Beatriz Valín. Tamén haberá dúas quendas unha en horario de mañá e outra de tarde.

O venres 1 de abril os asistentes farán con María Otero un comedeiro esférico.

O sábado 2 de abril Maria Jesús Labrador achegará a piteira tradicional, mentres que o domingo 3 de abril farán unha cesta de ovos de láminas de madeira.

Os obradoiros da semana están enfocados a persoas amantes da natureza que queiran coñecer técnicas de cestería aplicadas a un proxecto sinxelo que non precisa coñecementos previos. Os obradoiros do sábado e domingo están orientados a cesteiras ou cesteiros profesionais ou afeccionados.
Inscricións

O prazo de inscrición pecharase o vindeiro 25 de marzo, e as persoas interesadas en participar deberán solicitude ao mail lugardereque@deputacionlugo.org. A selección de participantes farase por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

DÍA EUROPEOS DA ARTESANÍA

Os Días Europeos da Artesanía teñen a súa orixe en Lles Journées Européennes des Métiers d´Art, que organiza en Francia o Institut NAtional deas Métiers d´Art (INMA) desde o ano 2002. Na actualidade, esta festa de sete días ao redor da artesanía está promovida por Fundesarte, da Escola de Organización Industrial, e a Organización dos Artesáns de España, Oficio e Arte, e celébrase simultaneamente en 18 países.

O obxectivo destas xornadas, que este ano van do 28 de marzo ao 3 de abril, é achegar ao público os segredos do traballo artesán para difundir a súa enorme riqueza e singularidade.

0.19662404060364