Aberta a matrícula do segundo trimestre da Escola Deportiva de Xadrez de Lugo

A Escola Luguesa de Xadrez, en colaboración co Concello de Lugo, a Deputación e a Xunta de Galicia, a través de Deporte Galego, abre a matrícula para o segundo trimestre do curso 2025-2026 da súa Escola Deportiva de Xadrez. As actividades darán comezo o luns 6 de outubro no parque da Milagrosa.
A proposta inclúe grupos de iniciación para nenos e nenas a partir dos catro anos, así como grupos de perfeccionamento e tecnificación. Este ano, ademais, incorporaranse cursos para adultos tanto de iniciación como de perfeccionamento. As clases impártense de luns a sábado, adaptándose ás diferentes necesidades e horarios dos participantes.
O custo da matrícula será de 20 euros semanais para quen asista unha hora e de 30 euros para dous horas. Haberá tamén descontos especiais para familias e para aqueles que participen en máis horas semanais. A Escola anima a todas as persoas interesadas a inscribirse e aproveitar esta oportunidade para aprender e mellorar as súas habilidades no xadrez.