Aberta en Outeiro de Rei a mostra itinerante de 'Cartas de Amor'

LugoXa | TerraChaXa
Poderá visitarse na Casa da Cultura ata o 26 de setembro
exposicion-cartas-de-amor-outeiro-de-rei
13 Sep 2025

A Casa da Cultura de Outeiro de Rei acolle a exposición itinerante Cartas de Amor organizada Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Outeiro de Rei e que poderá ser visitada polas persoas interesadas en horario de mañá de luns a venres ata o día 26 de setembro.

A mostra recolle unha selección do cómic galego sobre a violencia de xénero, con debuxos de autores de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai. Esta exposición ten por obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e polo tanto a eliminala.

Con Cartas de Amor, a Secretaría Xeral da Igualdade pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que en moitos casos vai asociada a elas, tendo en conta que nos últimos anos se detectan moitos casos de relacións de parellas entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal e incluso física.

⚙ Configurar cookies
0.13208484649658