Abertas as inscricións da V San Silvestre solidaria de Monterroso
O Concello de Monterroso e o colectivo Correr en Monterroso organizan a V San Silvestre de Monterroso.
Ao igual que o ano pasado a carreira será solidaria co obxetivo de que a recaudación sexa destinada a axudar a familias con máis necesidades.
A proba terá lugar o vindeiro venres 31 de decembro, con saída e meta na Praza Conselleiro Fernando Salgado (lado este da cúpula) e discorrerá pola contorna da vila.
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón dunha condición física suficiente para rematar a proba.
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por persoas e vehículos da organización. A saída de cada proba será na Praza Conselleiro Fernando Salgado.
As inscricións pódense realizar ata o 26 de decembro ás 23.59 horas.
A retirada de dorsais pode levarse a cabo os días 30 e 31 de decembro no Espazo Lorenzo Varela de 9.30 a 13.30 horas. O día da proba poderán recollerse tamén na zona habilitada pola organización (na cúpula) ata 45 minutos antes da saída de cada proba.