Abertas as inscricións para o novo curso de DJ en Lugo

LugoXa
Hoxe 8 de agosto abre o prazo de inscrición para o curso de DJ organizado polo Concello de Lugo enmarcado no programa +Xti.
Intensivo DJ Concello cartel
Intensivo DJ Concello cartel
8 Ago 2022

Hoxe 8 de agosto abre o prazo de inscrición para o curso de DJ organizado polo Concello de Lugo. Dentro do programa +Xti a área de xuventude ofrece este curso para mozos e mozas maiores de 14 anos e que terá lugar entre os día 22 e 25 de agosto. O horario será de tarde entre ás 16:30 e ás 22:30.

Con un total de 12 prazas, este curso busca dar resposta aos diferentes intereses dos lucenses relacionados coa música. A alcaldesa considera prioritario a promoción do lecer formativo e de creación cultural e artística.

As inscricións poden facerse na web www.lugomasporti.org, dende hoxe ata o 18 de agosto e a selección será por rigoroso orde de inscripción.

Cartel DJ
0.085314035415649