Aberto o período de altas no ADC Sagrado Corazón de Lugo

LugoXa
Dende o luns 7 de xuño está aberto o período de novas altas para aqueles nenos e nenas que desexen pasar a formar parte do clube.
campo futbol balon
10 Xuño 2021

Este pasado domingo finalizaba o período prioritario de renovación de praza na Escola de fútbol do club Sagrado Corazón para a tempada 2021-2022 para os actuais xogadores e xogadoras da mesma. Finalizado ese primeiro período un 92 % dos xogadores e xogadoras renovaron a súa praza para a próxima campaña e dende o luns 7 de xuño o club ten aberto o período de novas altas na entidade para todos aqueles nenos/as que desexen pasar a formar parte de cada un dos equipos ata completar as prazas dispoñibles en cada un dos mesmos.

Este período de novas altas estará aberto durante o verán e iranse completando os equipos das diferentes categorías que son as seguintes: xuvenil (anos 2003, 2004 e 2005), cadete (anos 2006 e 2007), infantil (anos 2008 e 2009), alevín (anos 2010 e 2011), benjamín (anos 2012 e 2013), prebenjamín (anos 2014 e 2015) e biberón (anos 2016 e 2017).

Para solicitar máis información ou realizar o alta, os xogadores e xogadoras interesados poden enviar un correo electrónico a club@adcsagradocorazon.es ou chamar ao 636 31 15 16.

Tras recibir a información, o alta realizarase de forma en liña a través de app móbil nun proceso rápido, seguro e intuitivo.

0.12879014015198