Aberto o prazo de inscrición na Escola infantil da Fonsagrada
Xa está aberto o prazo de inscrición para as Escolas infantís da Fonsagrada. O prazo de inscrición pechará o 8 de maio. O horario de atención será de 10.00 a 14.00 horas. É necesario concertar cita a través do número teléfono 982 340 315.
Os requisitos que debe ter a persoa interesada é que o neno ou nena nacese no momento de presentación da solicitude e que teña a residencia en Galicia. Ademais, deberá ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2022. Respecto daquelas familias que xa escolarizasen un fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede Galiña Azul, estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso nos centros da Agass.
Este servizo público de atención á infancia busca permitir a conciliación da vida laboral e familiar.