Aberto o prazo de inscrición no Campamento de Verán Xadrez e moito máis

LugoXa
O campamento celebrarase do 1 ao 5 de setembro no CEIP Illa Verde e combina clases de xadrez con actividades de tempo libre e deportivas
Campamento-de-Xadrez-Xaquedrum
19 Aug 2025

A Asociación Cultural Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez, en colaboración coa Deputación e o Concello de Lugo, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, o Colexio Illa Verde e Deporte Galego da Xunta de Galicia, organizan por oitava edición o Campamento de Verán Xadrez e moito máis.

O obxectivo principal é fomentar a práctica do xadrez entre os máis pequenos da cidade e provincia, contribuíndo ao mesmo tempo á súa formación integral e facilitando a conciliación laboral e familiar das familias lucenses.

O campamento desenvolverase no CEIP Illa Verde do 1 ao 5 de setembro, en horario de 9 a 14 horas, con posibilidade de ampliar a entrada ás 8 horas e a saída ata as 15 horas.

As actividades incluirán clases de xadrez adaptadas a cada idade, concursos, torneos, actividades de tempo libre, manualidades, conta contos e deportivas.

Os participantes dividiranse en tres grupos: Xadrez divertido (4 a 7 anos), Xadrez máxico (8 a 12 anos) e Campus de Xadrez (13 a 16 anos). O custe do campamento é de 65 euros, con descontos para antigos participantes, segundo fillo ou alumnos de Illa Verde, Rosalía de Castro ou membros da Escola Luguesa de Xadrez.

⚙ Configurar cookies
0.18850111961365