Aberto o prazo de inscrición para a Ruta dos Lobos da Fonsagrada
A novena edición da Ruta dos Lobos celebrarase o vindeiro 30 de setembro e contará con dúas modalidades de participación.
A primeira unha ruta corta de 23 quilómetros e un total de 950 metros de desnivel e unha ruta longa de 47 de percorrido e 1800 metros de desnivel.
A recollida de dorsais será o venres 29 de 19.00 a 21.00 e o sábado 30 entre as 8.00 e as 10.30 no Concello da Fonsagrada.
A inscrición inclúe seguro, avituallamentos "Fonsagrada Style", auga quente, lavado de bicicletas, agasallo conmemorativo do evento e medallas finisher.
Para os interesados haberá tameén a opcoón de cea que inclue fabas con xabaril, tenreira da Fonsagarda, postre, café e chupito máis agasallos durante a cea.
Os interesados en participar poderán realizar a inscrición a través de https://ccnorte.com/evento/competicion-recorrido/c/13825 ata o 15 de setembro ou ata completar os 300 inscritos.