Aberto o prazo de inscrición para as novas propostas de ocio de Xuventude

LugoXa
A concellería de Xuventude abre as inscricións para as novas propostas de ocio, divertidas, saudables e didácticas
xuventude portada 2
11 Feb 2023

A xuventude de Lugo conta xa con novas actividades que se desenvolverán desde febreiro ata xuño, Mauricio Repetto, quixo destacar que “levamos meses traballando en opcións para a mocidade, escoitando as súas inquedanzas e valorando as que tiveron máis éxito nos programas anteriores co obxectivo de que aproveiten o tempo de lecer con propostas alternativas que promovan as boas prácticas, o coidado da saúde, combinando aspectos lúdicos e didácticos”, sostivo.

Entre as actividades se atopan as vinculadas co deporte como rutas de sendeirismo e bicicleta, a zumba ou o ioga, pero tamén vinculadas co coidado medioambiental, como as clases de moda circular; á comida saudable a través da repostería, ou sobre robótica, Haberá tamén, sesións de radiocontrol, moi demandadas entre os mozos, curso de monitor en tempo libre e iniciación á apicultura.

A primeira das actividades dará comezo o luns 13 de febreiro. Trátase dun divertido taller de repostería creativa, unha iniciativa a través da cal os participantes entrarán con contacto directo co mundo da cociña dunha forma lúdica. A proposta está orientada a mozos e mozas, e preséntase como unha oportunidade para elaborar produtos típicos destas datas de carnaval.

Ademais, tras o éxito que tivo na programación anterior, o edil sinalou que “damos continuidade á orquestra Terra Nova, que se está a consolidar”. A actividade terá lugar os sábados de 12.00 h. a 14.00 h., na propia Casa da Xuventude dende o 18 de febreiro.

Entre as novidades, atópanse sesións de iniciación á práctica da marcha nórdica co obxectivo de levar a cabo actividades para o fomento do exercicio físico entre os mozos e o contacto coa natureza, terá lugar os días 25 de marzo, 15 de abril e 20 de maio. Partirán dende a Casa da Xuventude ás 10.00h., onde previamente os asistentes recibirán indicacións de como dominar a técnica.

As persoas interesadas en apuntarse poden no seguinte formulario.

Programación:

Reposteria de Entroido (2h). Terá lugar na casa da Xuventude o vindeiro 13 de febreiro en horario de 18.00 ata 20.00. Número de participantes: 12

Zumba (14 h). Será na Casa da Xuventude dende o 27 de febreiro ata o 12 de xuño os luns en horario de 20.15 a 21.15. Numero participantes: 12

Ioga (15 h). Terá lugar na Casa da Xuventude dende o 1 de marzo ata o 14 de xuño os mércores en horario de 20.15 ata 21.15. Numero participantes: 12

Moda circular (28 h). Será na Casa da Xuventude dende o 3 de marzo  ata 9 de xuño os venres en horario de 17.00 a 19.00. Numero participantes: 20

Robótica (14 h). Terá lugar na Casa da Xuventude dende 6 de marzo ata o 12 de xuño os luns en horario de 17.00 a 18.00. Numero participantes: 10

Iniciación a NordicWalking. Será na Casa da Xuventude os días 25 de marzo, 15 abril y 20 de maio, sábados ás 10.00. Numero participantes: 10 pers.

Rutas de Sendeirismo. Terán como punto de partida a Casa da Xuventude e contarán cun total de 26 participantes.

    • 25 de febreiro:  Ruta de  A Cubela: Os meandros do río Sil (Ribas de Sil. Lugo)
    • 18 de marzo: Ruta de  interpretación xeolóxica: mina romana e túnel de Montefurado, Lugo.
    • 22 de abril: Ruta de Peñas de Ferradillo (Montes Aquilianos) Paraísos Bercianos
    • 6 de maio: Ruta interpretativa do glaciarismo en cabeza de Manzaneda. Ourense
    • 10 de xuño: Montaña: Os Ancares lucenses: Pico Penarrubia.

Radiocontrol. Será no  Circuito Municipal de Frigsa dende o 18 de febreiro os sábados un grupo en horario de 11.00 a 12.00 e outro en horario de 12.00 a 13.00 cun total de 36 participantes.

Coro xove. Terá lugar na Casa da Xuventude dende 18 de febreiro os sábados dende as 10.00 ata as 12.00.

Orquestra Terra Nova. Celebrarase na Casa da Xuventude dende o 18 de febreiro, os sábado dende as 12.00 ata as 14.00.

Curso monitor tempo libre. Tera lugar na Casa da Xuventude entre o 3 de marzo e o 28 de maio os fins de semana cun máximos de 25 participantes.

Iniciación á apicultura (25h). Celebrarase no Apiario Apicultura os días 16, 24 y 31 de marzo y 14, 21 y 28 de abril os venres en horario de 9.30 a 14.00 cun máximo de 12 participantes.

Esgrima. Terá lugar na Casa da Xuventude dende o 28 de febreiro ao 13 de xuño os martes de 17.30 a 18.30 e cun máximo de 15 participantes.

Axedrez. Será na Casa da Xuventude entre o 22 de febreiro ao 13 de xuño os mércores de 18.30 a 20.00 e xoves de 17.30 a 19.00 cun máximo de 15 participantes.

Ruta E-Bike. Celebraranse os días 25 febreiro, 18 de marzo, 9 de abril, 7 maio con saída dende praza Pío XII ás 10.00 e cun máximo de 48 participantes en grupos de 12 persoas.

Obradoiro de Bateria. Terá lugar na Casa da Música os días 20 e 27 de febreiro; 6,13,20 y 27 de marzo e 3,10 e 17 de 24 de abril, de 20.00 a 21.30 cun máximo de 6 participantes.

0.058112859725952