Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán de Becerreá

LugoXa
Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán de Becerreá, que se levarán a cabo no centro social.
Campamentos verán becerrea portada
20 Xuño 2023

O Concello de Becerreá ten aberto o prazo de inscrición para apuntarse aos campamentos para este verán.

As actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e realizarase no centro social municipal do concello de Becerreá.

As actividades son gratuítas e organízanse durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Para máis información pódese contactar co concello no número de teléfono 982 360 004 ou achegándose ao centro social municipal.

Será neceario presentar o libro de familia e a declaración da renta para realizar as inscricións, que se fan por semanas.

Campamentos verán becerrea
0.064180850982666