Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán de Becerreá

LugoXa
Aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 18 de xuño para os campamentos de verán de Becerreá, que se levarán a cabo no centro social.
campamento veran
14 Xuño 2021

O Concello de Becerreá abre o prazo de inscrición hoxe para apuntarse aos campamentos para este verán.

As actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e realizarase no centro social municipal do concello de Becerreá. Así mesmo, o prazo de inscrición rematará o vindeiro venres 18 de xuño.

As actividades son gratuítas e organízanse durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Para máis información pódese contactar co concello no número de teléfono 982 360 004 ou achegándose ao centro social municipal.

campamento veran becerrea
0.065973043441772