Aberto o prazo de inscrición para o curso de navegación e copilotaxe 4x4 en Lugo

LugoXa
Abierto el plazo de inscripción para el curso de navegación y copilotaje 4x4 que organiza el ayuntamiento de Lugo.
Cartel CURSO DE NAVEGACION y COPILOTAJE 4x4
25 Abr 2022

O Concello abre á mocidade lucense o prazo de inscrición do curso de navegación e copilotaxe 4x4.

O curso desenvolverase en dúas sesións no Polígono do Ceao, a primeira terá lugar os días 6 e 7 de maio, e a segunda o 17 e 18 de xuño. O obxectivo é desenvolver unha actividade na que os alumnos despois de recibir a pertinente instrución en canto a condución 4x4 e navegación, desenvolvan un roteiro de navegación 4x4 por distintas paraxes das proximidades da cidade de Lugo, explicou o edil, quen incidiu que son actividades que requiren toda a atención e concentración, e ao mesmo tempo que entusiasman sen necesidade de buscar falsas alegrías ou emocións a través de substancias psicoactivas nada recomendables.

O curso terá unha parte teórica de 4 horas onde se explicarán os contidos didácticos para desenvolver unha navegación en vehículos 4x4 e nocións de navegación con rumbos e coordenadas UTM, así como dos rutómetros utilizados neste tipo de probas.

A parte práctica consistirá nun roteiro de navegación “secreta”, onde os alumnos en grupos e en vehículos 4x4, durante 4 horas completarán un roteiro, validando puntos de ruta, navegando e copilotando con rutómetros dixitais e sistemas de navegación utilizados neste tipo de probas.

A inscrición, que se realizará a través da web lugomasxti.org, será por rigurosa orde e ata cubrir prazas. Terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Lugo. A actividade é gratuíta e inclúe 18 prazas para cada sesión.

Horarios

  • 1ª Edición: Grupo 1
    • Venres 6 de maio: 16.30h a 20.30h
    • Sábado 7 de maio:
      • Grupo de mañá - 09.30h a 13.30h
      • Grupo de tarde - 15.30 a 19.30h
  • 2ª Edición: Grupo 2
    • Venres 17 de xuño: 16.30h a 20.30h
    • Sábado 18 de xuño:
      • Grupo de mañá - 09.30h a 13.30h
      • Grupo de tarde - 15.30 a 19.30h
0.1852650642395