Aberto o prazo de inscrición para o curso de vixiante de seguridade
O Servizo de Prevención de Drogodependencias, integrado na área de Xuventude, organiza un curso de vixiante de seguridade, do 28 de marzo ao 16 de maio subvencionados polo Plan Nacional de Drogas.
Esta iniciativa enmárcase dentro da estratexia que está a desenvolver a área de Xuventude, nun traballo coordinado para ofrecer propostas distintas á mocidade de formación e emprego con múltiples saídas laborais.
O curso de vixiante de seguridade, está dirixido á poboación lucense de entre 18 e 35 anos, impartirase de luns a venres, de 18.00 horas a 21.00 horas e terá unha duración de 180 horas. O prazo de inscrición para participar neste curso, para o que hai un número limitado de 25 prazas, estará aberto o día 3 de marzo.
Para inscribirse pódese consultar a páxina www.lugomasxti.org. Os interesados en ter máis información sobre os cursos poden poñerse en contacto co Servizo de Prevención de Drogodependencias no Centro Social Uxío Novoneyra ou chamando ao teléfono 982 297 837.