Aberto o prazo de inscrición para o MotoDesafío Lostrego IV

LugoXa
Xa están abertas as inscricións dunha nova edición do MotoDesafio Lostrego, que terá lugar polas montañas do Courel o vindeiro 25 de xuño.
Motodesafio lostrego
19 Maio 2022

A asociación moteira Lóstregos vén de abrir o prazo de inscripción para a súa, xa tradicional, ruta mototurística de aventura e navegación MotoDesafío Lostrego IV.

Este ano, a asociación e os seus invitados percorrerán as motañas do Courel o vindeiro 25 de xuño. A saída será dende Lugo.

Ao longo da xornada, os participantes percorrerán os principais puntos de interese da montaña do Courel así como algunhas zonas máis descoñecidas da comarca. Con todo, haberá dúas modalidades, unha mixta, que contén partes de terra e, outra, que transcorrerá íntegramente por estrada.

O roteiro está pensado para que poida participar calquera tipo de moto ou ciclomotor.

Como cada ano, o prezo inclúe o almorzo, o xantar e a cea, así como unha camiseta, os dorsais, as pegatinas e agasallos dos patrocinadores ou o pasaporte biker friendly.

A ruta é valedera para o Campionato Galego de moto turismo organizado pola Asociación grupos moteros Gallegos (AGMG). Inscricións e información no 619 987 809.

0.13146090507507