Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán de Becerreá

LugoXa
O Concello de Becerreá mantén aberto o prazo de inscrición, por semanas, no campamento de verán que a localidade organiza.
1Campamento Verán Becerreá
4 Xul 2022

O Concello de Becerreá mantén aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán. Durante os meses de xullo e agosto o municipio da montaña contará con actividades para os máis novos da localidade.

Os nenos de 3 a 12 anos do concello poderán inscribirse, por semanas, no Centro Social de 8.30 a 14.30 horas. Para a inscrición só será necesario presentar a Declaración da Renta do último exercicio. Toda a información dispoñible no 982 360 704 ou no 982 360 304.

0.21886897087097