Aberto o prazo de inscrición para os programas de conciliación do Concello de Castroverde
O Concello de Castroverde pon en marcha dous programas para a conciliación familiar coa laborarl.
O primeiro é o programa Madrugadores dará comezo o día 8 e terá un horario de 7.00 a 9.35 durante todos os días lectivos.
O lugar será o salón de acto do CPI Plurilingüe de Castroverde e terá un carácter gratuito. Os nenos poderán levar almorzo da casa.
Unido a esto o Concello conta tamén co programa Tarde no cole dirixido a todo o alumnado do CPI Plurilingüe de Castroverde.
Terá un horario os luns e martes de 16.15 a 17.30 e mércores e xovez de 15.25 a 17.30 cun custo de 30 euros ao mes por alumno.
No programa Tarde no Cole os nenos realizarán actividades deportivas, obradoiros, xogoso tradicionais así como unha animación á lectura.
As inscricións para ambos programas realizaranse nas oficinas do Concello