Aberto o prazo de inscrición para un curso gratuíto de reparación de bicicletas
Lugo acolle un curso de mantemento e reparación de bicicletas convencionais, eléctricas e outros vehículos de mobilidade urbana, dentro da programación do Lugo +Xti 2023 que está dirixido a lucenses de 16 a 39 anos, empadroados en Lugo.
A bicicleta está a substituír ao segundo coche en moitas familias e estase convertendo nunha aliada para a economía do fogar, esta iniciativa contribúe a dar un primeiro paso na demandada profesionalización do sector lembrando que en Lugo existen varios talleres de bicicleta.
A través da creación deste módulo formativo específico dase unha alternativa laboral á mocidade xa que o sector da mobilidade sostible é unha excelente oportunidade ao ter un percorrido grande como negocio no municipio.
A formación é totalmente gratuíta e conta con 12 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Impartirase todos os venres de 16.30 a 20.30h, do 17 de marzo ao 27 de maio, e os sábados 15 de abril e 13 e 27 de maio, de 10.00 a 14.00h, na Casa da Xuventude
As inscricións, que xa están abertas pode realizarse ata o 15 de marzo a través da seguinte web . Para máis información pódese acudir ao teléfono 982 297 498 de 09.00 a 14.00.