Aberto o prazo de reserva de mesas da XXXVII Festa ó Emigrante de Pol

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Pol celebrará o mércores 24 de agosto, a súa tradicional Festa do Emigrante cun programa completo tras dous anos.
festa emigrante pol cartaz portada
16 Ago 2022

Con motivo da XXXVII edición da Festa ó Emigrante do Concello de Pol, o Gobenro local informou de que abriron o prazo para reservar mesas para o día da festa.

O Concello tradicionalmente instalará unha carpa con capacidade para 1.800 persoas, para xantar no seu interior e gozar do ambiente festivo que haberá na carballeira. Ademais, os grupos tamén participan coas merendas no exterior da carpa e de feito, contarán tamén con diferentes postos de comida.

Para reservar deberase chamar ó 982 345 029 ou acudir as oficinas municipais e haberá que indicar o nome, teléfono, número de persoas, dentro ou fóra da carpa e se é para xantar e cea ou só xantar.

O prazo para reservar rematará o día 22 de agosto.

festa emigrante pol cartaz
0.10610604286194