Aberto o prazo de solicitude de praza no centro de día de Castroverde
O Concello de Castroverde abre o prazo para solicitar praza para o Centro de día da localidade. A edil de Servizos Sociais, María Luisa Freire Cordero, asegura nunha nota informativa que para proceder á apertura deste centro de día, o Goberno local precisa un número mínimo de solicitantes. Un requisito esixido pola Deputación de Lugo, quen xestiona este centro.
Na nota informativa, pídese a todas aquelas persoas, maiores de 60 anos, pensionistas, interesadas en solicitar praza den centro de día no Centro de Maiores O Castro chamen ao teléfono do Concello 982 312 080.
A participación e o prezo do servizo calcularase en función da capacidade económica de cada solicitante, segundo indica a Ordenanza da Deputación Provincial.
A solicitude srá por media xornada ou por xornada completa. E, o Concello, informa de toda a documentación a presentar xunto coa petición, entre a que destacan o certicicado de pesnión, das contas bancarias ou dos bens patrimoniais. Ademais, lembran que serán necesarios informes médicos ou unha resolución de dependencia en caso de tela.