Aberto o prazo para presentar as películas para a XLIV Semana de Cine de Lugo

LugoXa
Abierto el plazo para presentar las películas para la ILIV Semana de Cine de Lugo 2022 que tendrá lugar en el mes de septiembre.
grupo fonmiña
7 Xan 2022

A cita, xa consolidada na cidade coa súa cadraxésimo cuarta edición, terá lugar do 19 ao 24 do próximo mes de setembro.

A Semana de Cine de Lugo celébrase nesta cidade desde 1979, promovida polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, co apoio da Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo e Xunta de Galicia, e a colaboración da Universidade de Compostela-Campus de Lugo.

Con esta convocatoria ábrese oficialmente o prazo de presentación de películas (Longametraxes e Curtametraxes) para conformar a programación oficial da Semana. A presentación de películas poderá efectuarse ata o 2 de maio ás 14.00 horas do presente ano a través de secilug@gmail.com.

Poderán presentarse películas producidas entre 2020 e 2022, inclusive, e non poderán exhibirse nin editarse comercialmente en España en salas públicas (agás en festivais), televisión, VoD ou webs antes do 19 de setembro próximo.

As obras terán que ser de ficción, tanto imaxe real como animación, con máis de 60 minutos de duración en longametraxes, mentres que as curtametraxes non poderán exceder os 30 minutos. Se o idioma da película é outro diferente ao castelán, a obra deberá estar subtitulada.

Estáblecese preferencia a aquelas películas que traten temas e xéneros que poña en valor aos cineastas emerxentes no cine de carácter autoral do cine independente internacional, cine español inédito, camiño de Santiago, cine galego e o cine dentro do cine.

PREMIOS
En total establécense cinco premios dotados en 6000 euros. Mellor Película da Sección Oficial (Premio do Público) que serán de 3.000 euros; Premio do Xurado “Muralla de Lugo” para a Mellor Película do Cinema das Nacionalidades que será de 1.500 euros; O Premio do Xurado á Mellor Película Documental que será de 500 euros; o Premio do Público á Mellor Película Galega que será tamén de 500 euros e o Premio do Público á Mellor Curtametraxe cun valor de 500 euros.

0.16402006149292