Aberto o prazo para solicitar instalacións deportivas en Lugo
O Concello de Lugo abre o prazo de solicitude de instalacións deportivas municipais para a tempada 2022/2023 ata o vindeiro 1 de xullo. Así o avanzou hoxe o concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, quen xa llelo notificou aos clubs que agora ocupan horario destas instalacións.
Para realizar a solicitude, as entidades interesadas deberán presentar telemáticamente a solicitude co formulario 801 cuberto (solicitude IDM) dirixida á Concelleria de Xuventude e Deportes no rexistro do Concello. O formulario atópase dispoñible no seguinte enlance: https://bit.ly/3OeUCp5 Para poder solicitar instalación é obrigatorio estar dado de alta no Rexistro Municipal de Asociacións.
Un total de 110 clubs da cidade de Lugo utilizan todas as instalacións deportivas municipais ao longo da súa tempada, cedidas de maneira gratuíta para todos os seus adestramentos e competicións, que sumado ao importe que reciben das distintas subvencións deportivas municipais "poñen en valor" o apoio do Goberno de Lara Méndez ao deporte base e federado do municipio.