Abraham Cupeiro encheu o Círculo das Artes de Lugo coa súa música

LugoXa | SarriaXa
O artista multidisciplinar de Sarria ofrecerá dous concertos en Vigo, un en Santiago e outro en Lugo en decembro
Abraham-Cupeiro-Círculo-das-Artes-Lugo
24 Oct 2025

O músico sarrián Abraham Cupeiro, cuxa música formou parte da Banda Sonora de Gladiator II, impartiu unha masterclass no Círculo das Artes de Lugo.

O encontro, de carácter gratuíto pero con inscrición obrigatoria por cuestións de aforo, encheu o espazo. Nel, o artista explicou como elabora a súa música e con que instrumentos, algo que os asistentes gozaron e valoraron en forma de aplausos.

Ademais desta actividade, Cupeiro segue coa súa xira co seu proxecto musical, 'Resonando en el pasado', percorrendo cidades como Palencia, Ávila, Castelló. Despois, volverá a Galicia para ofrecer dous concertos en Vigo, o 20 e 21 de decembro, co seu proxecto Loira. Mentres, o 26 de decembro estará no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela con Loira e o 28 traerá ao Auditorio Fuxan vos Ventos de Lugo 'Ecoando no pasado'.

⚙ Configurar cookies
0.071607828140259