Abraham Cupeiro foi nomeado socio de honra da agrupación lucense de recreación histórica Vindicta
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
O acto de distinción tivo lugar no Castro de Viladonga

24 May 2025
O Castro de Viladonga, dependente da Xunta, foi escenario do nomeamento de Abraham Cupeiro como socio de honra da agrupación lucense de recreación histórica Vindicta. A iniciativa foi promovida polo propio colectivo.
O director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, sumouse ao acto, no que lle trasladou o recoñecemento da Xunta ao artista sarriao, multiinstrumentista e luthier que destaca entre as principais figuras do panorama musical galego.