Abre a matrícula para o grao profesional no novo conservatorio de Baamonde

TerraChaXa | LugoXa
Músico Crisanto abre o luns 12 de xuño, a partir das 9.00h, a inscrición para as probas de acceso ao novo conservatorio Terra Chá.
ESCOLA MUSICA CRISANTO TERRA CHA BEGONTE
10 Jun 2023

A Asociación Músico Crisanto informa que o próximo luns 12 de xuño, a partir das 9.00h, abrirase a inscrición para as probas de acceso ao novo conservatorio Terra Chá, centro autorizado pola Xunta de Galicia para impartir as ensinanzas regradas de Grao Profesional, no curso 2023/2024, que estará situado en Begonte.

A través do formulario, localizado na páxina web da asociación: musicocrisanto.com, será posible escoller xa unha proposta de horario para a clase individual de instrumento, aínda que ese horario estará supeditado a que se supere a proba de acceso, que se realizará o día 10 de xullo.

O Grao Profesional é un título oficial que se organiza en 6 cursos. Para acceder a estes estudos, é necesario pasar unha proba de Linguaxe Musical e de Instrumento. O nivel necesario será o equivalente a 4º de Grao Elemental.

Ademais da materia de instrumento, estúdase todo o necesario para ser un músico solvente: música de cámara, banda/orquestra, linguaxe musical, harmonía, historia da música, análise…

Así mesmo, as Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol seguirán a funcionar con normalidade á par do conservatorio. Deste xeito, o novo curso 2023-24 comezará para ambos o 11 de setembro e rematará o 11 de maio de 2024.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1669750213623