Abre ao público a piscina municipal dos Chacotes de Palas de Rei

LugoXa
Os usuarios poderán acceder cun horario estendido entre semana e con tarifas diferenciadas segundo o empadroamento
piscina-Palas-de-Rei
2 Jul 2025

A piscina municipal dos Chacotes, en Palas de Rei, abriu este martes 1 de xullo as súas portas ao público, iniciando así a tempada estival no concello.

Todas as persoas interesadas en facer uso das instalacións deberán dispoñer dun carné familiar, que se pode tramitar nas oficinas municipais. Este ten un custo de 6,29 euros para as persoas empadroadas no municipio e de 15,71 euros para aquelas que non residan nel.

No caso de non contar co carné, os usuarios terán que abonar unha taxa diaria de 0,52 euros se son veciños do municipio, ou de 1,05 euros se non o son.

O horario de apertura da piscina será de 12:00 a 20:00 horas durante os días laborables, mentres que os sábados, domingos e festivos abrirá en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.17443299293518