Abre ao público o parque da praza de Castelao de Rábade

TerraChaXa | LugoXa
Xa está aberto ao público o remodelado parque da Praza de Castelao, unha obra do anterior equipo de Goberno e que rematou no mes de xuño.
parque rabade independentes
7 Out 2023

Xa está aberto ao público o remodelado parque da Praza de Castelao, unha obra do anterior equipo de Goberno e que rematou no mes de xuño.

Segundo indica o grupo Independentes por Rábade, que gobernaba na anterior lexisltura, "foi unha obra moi criticada no seu día polo Partido Popular".

Explicou o anterior alcalde, Francisco Fernández Montes, que "seguimos sin entender como unha obra que no mes de xuño se atopaba prácticamente rematada, mantívose pechada para os nenos todo o verán, non nos parece dende logo un exemplo de boa xestión".

0.11009502410889