Abre en Lugo unha sede de Agalure
Ana Gónzalez Abelleira, asistiu este luns á inauguración da sede en Lugo de Agalure, a Asociación Galega de Ludómanos en Rehabilitación. “Este centro permitirá unha atención máis próxima e mellor para as persoas que padecen este tipo de trastorno no noso entorno, sen que sexa necesario seguir desprazándose ata A Coruña, como ocorría ata o de agora”, valorou González Abelleira sobre este novo espazo situado na Ronda do Carme.
Este desprazamento, “por custo económico e temporal, supoñía que moitos afectados tivesen problemas para acceder á asistencia que precisan”, asegurou González Abelleira, quen lembrou que “un 20% das persoas que reciben axuda de Agalure son lucenses, así que estas instalacións van cubrir unhas necesidades importantes”.
A deputada e tamén Concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego de Lugo participou neste acto xunto ao presidente de Agalure, Francisco Gil; o presidente da Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados, Francisco Gutérrez; e o Concelleiro de Deporte e Xuventude do Concello de Lugo, Mauricio Repetto, entre outras autoridades.